O prazo de axudas para emigrantes retornados emprendedores continúa aberto ata o 30 de setembro
O Concello de Silleda informa das subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados que queiran emprender un negocio. A través da web municipal, no apartado Silleda Emprega, pódese acceder a unha ligazón directa á web da citada secretaría onde se ofrece toda a información ao respecto.
Estas axudas son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, tamén para axudar a emigrantes retornados/as.











