O Porriño concilia vida laboral e familiar cun campamento de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Presentación do campus de verán

Presentación do campus de verán

Teatro, maxia, contacontos, karaoke, camiñadas, baile, natación, balonmán, fútbol, tenis e talleres diversos son as actividades nas que participarán os nenos e nenas do campamento de verán “Veciñeando con Porriñesa” posto en marcha, conxuntamente, polas concellarías de Igualdade, Educación e Deportes do Concello de Porriño que dirixen Teresa Veloso, Ana Martínez e M. Alejandro Lorenzo, respectivamente.

O campamento foi presentado esta mañá na Casa Consistorial coa presenza no acto de Ana Carniceiro Carreira, a nena de 6 anos gañadora do concurso a través do cal se elixiu á mascota do campamento deste ano. Na pasada edición fose “Lumego” e agora é “Porriñesa” unha boneca inventada por esta alumna de primeiro de Educación Primaria do Colexio Irmáns Quiroga e que acompañará a todos os participantes durante a súa estadía. O alcalde Nelson Santos e a concelleira Teresa Veloso felicitaron a Ana polo seu bo traballo e pola súa participación no certame, así mesmo as congratulaciones tamén foron dirixidas aos pais da nena presentes no acto, ao que acudiron tamén familiares e amigos.

Desde o Concello apuntan que o obxectivo desta iniciativa é crear un espazo de lecer e recreo de face á conciliación das familias, ocupando aos máis novos da casa con actividades durante a época de vacacións.

O campamento desenvolverase no polideportivo municipal, na piscina e nas instalacións do colexio Fernández López durante o catro semanas do mes de xullo. A inscrición permanecerá aberta até o xoves 26 de xuño, polo que as persoas interesadas deben dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM), situado na última planta da Casa Consistorial, para formalizar a matrícula.

12 de xuño de 2014 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.