O Porriño acollerá a III Gala do Deporte Feminino en Galicia
O próximo día 28 de xuño celebrarase no Concello do Porriño a III Gala do Deporte Feminino en Galicia, na que se premiará ás mellores deportistas, técnicas, entidades, árbitras e clubs da pasada tempada (ano 2013).
Con este acto, Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais do noso colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación.
O prazo de recepción de candidaturas está aberto dende a semana pasada e finalizará o próximo mércores 11 de xuño e poden presentar propostas federacións, concellos, institucións, medios de comunicación, clubs e persoas a nivel particular. Posteriormente estas candidaturas, que deben ser enviadas ao correo mudega-presidenta@hotmail.com, serán analizadas por un xurado que será o encargado de decidir a quen se le outorgan os premios.
Os premios que imos entregar son os seguintes:
– Mellor directivo/a (máis comprometido/a c- deporte feminino)
– Mellor deportista feminina
– Mellor deportista feminina con discapacidade
– Mellor deportista feminina promesa
– Mellor equipo feminino
– Medio de comunicación amigo do deporte feminino
– Premio á traxectoria
– Mellor árbitro ou xuíza
– Institución pública amiga do deporte feminino
– Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino
– Mellor adestrador/a feminino
– Mellor iniciativa a prol do deporte feminino.











