O libro viaxeiro achégase ao fin do seu periplo no Porriño
A festa dos maios, o nadal, o entroido, o Día das Letras Galegas, excursións, campamentos e unha infinidade de temas son os que enchen as follas da obra O libro viaxeiro creado polos centos de nenos e nenas dos diferentes colexios de Porriño.
O libro continúa aínda o seu periplo desde que en abril comezase a súa andaina cando o alcalde Nelson Santos entregáballo ao alumnado das escolas unitarias de Pontellas e Mosende. Desde entón pasou polos colexios Irmáns Quiroga, Fernández López, Atios, Budiño, Antonio Palacios, Ribeira e Santo Tomás, co obxectivo de que os estudantes de Educación Infantil e Primaria fosen os autores das 125 horas en branco, describindo como é o seu colexio e as experiencias vividas nel, cos seus compañeiros e profesores, a través de textos, debuxos e fotografías.
Precisamente esta mañá, profesorado destes centros acudía a Aceesca, onde se atopa agora O libro viaxeiro, para visionar e á vez facer unha clausura desta iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Educación, que dirixe Ana Martínez, con motivo do Día Internacional do Libro Infantil.
A concelleira de Cultura Teresa Veloso estivo con todos eles e cos usuarios de Aceesca que participaron facendo a súa achega á obra, plasmando nela novos textos e imaxes. No entanto, aínda faltan dous centros por acoller O libro viaxeiro, que son as dúas escolas infantís: a de Torneiros e a de Doantes de Sangue. Desta maneira, prevese que coa clausura do curso académico a obra quede totalmente completada, sendo logo trasladada á biblioteca municipal para que calquera persoa poida visionarla.











