O grupo de teatro Fontevella do Porriño representa ‘Prohibido casar’
O grupo de teatro Fontevella de Porriño, dirixido por Chelo Pampillón, subirase este xoves ao escenario para pór en escena a obra Prohibido casar, baseada na peza Queda terminantemente prohibido o suicidio de Doro Piñeiro.
Desde a Concellaría de Cultura do Concello de Porriño, que dirixe Teresa Veloso, animan a asistir a esta representación teatral que terá lugar no local da Asociación Alba de Torneiros, situado no Parque Piñeiro, ás 21.30 horas, con entrada libre e gratuíta até completar aforamento.
O propio Doro Piñeiro fala desta historia como aquela que “probablemente sucederá nalgún lugar, de moitos modos, con moitas mesturas e con acontecementos parellos descritos aos que vostedes van presenciar. Pero o amor, alí, perdurará eternamente aínda que a mente torza o seu camiño”.











