O goberno de Silleda nomea aos delegados municipais nas 33 parroquias
O goberno local de Silleda vén de designar aos delegados municipales en todas as parroquias do termo municipal. “Por primeira vez en varios anos, o Concello conta coa figura dos delegados e delegadas en todas e cada unha das nosas parroquias”, destaca o alcalde, Manuel Cuíña, que asinou o decreto polo que se nomea aos/as 33 representantes.
Os delegados/as encargaranse de servir de enlace entre o goberno municipal e os veciños e veciñas de cada parroquia, á hora de atender as demandas e necesidades que poidan xurdir.
“Deste xeito, poderemos ter un nexo coas diferente localidades atendendo de forma coordinada a todas as peticións e necesidades”, engade o rexedor.
O nomeamento coordinouse dende o departamento de Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón. Está previsto que en vindeiras datas se estableza tamén un calendario de visitas para todas as parroquias, con reunións abertas a todos os veciños e veciñas contando coa presenza dos distintos delegados municipais. “Queremos que sexan estes 33 homes e mulleres os que canalicen todas as demandas e preocupacións dos seus veciños e estamos seguros que farán un bo traballo”, apunta Cuíña.
Logo dun fallido intento de elección dos chamados consellos parroquiais, que contaron con unha baixa participación, o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Silleda modificouse para ser máis funcional. Algúns dos delegados/as corresponden ás persoas elixidas naquel proceso de elección, nos casos nos que se superou o 20% de participación.
O calendario de reunións nas 33 parroquias quedará fixado, probablemente, despois do verán. “Dende o goberno consideramos clave contar con unha persoa en cada parroquia que canalice a atención que se precisa en cada caso”, engade Cuiña.O grupo celebrou onte venres a súa primeira xuntanza con membros do goberno local, nunha cea de traballo onde xa se comezaron a marcar a liñas a seguir nas parroquias.
ABADES – JOSÉ MANUEL FOLLA GONZÁLEZ
ANSEMIL – ANA MARÍA GUZMÁN SANTISO
MÁNDUAS – Mª DEL CARMEN CARAMÉS MACEIRA
BREIXA – ROSA LOSADA ALCOBRE
CARBOEIRO – ENRIQUE CUIÑA FERNÁNDEZ
CERVAÑA – XOSÉ RAMÓN SAAVEDRA DIEGUEZ
CHAPA – MANUEL PENA FRAMIÑÁN
CIRA – JOSÉ LUIS LUGO BASCUAS
CORTEGADA – CARLOS FONDEVILA LÓPEZ
DORNELAS – FRANCISCO BEIS RECIMIL
ESCUADRO -MANUEL IGLESIAS PÉREZ
FIESTRAS – ADOLFO DAPENA SÁNCHEZ
GRAVA – MANUEL ROZADOS VILLAR
LAMELA – ALFONSO GONZÁLEZ TEJO
LARO – JESÚS TABOADA LÁZARA
MARGARIDE – BENITO SAAVEDRA VÁZQUEZ
MARTIXE – ISABEL CASAL CREO
MOALDE – PEDRO GONZÁLEZ MOREIRA
NEGREIROS – TERESA RODRIGUEZ VÁZQUEZ
O CASTRO – MANUEL PABLO PEREIRO SALGUEIRO
OLEIROS – JOSÉ ANTONIO ALAMANCOS ROZAS
PARADA – MARIA TERESA TABOADA DOBARRO
PAZOS – ANA ROSA CORNADO MOLINA
PIÑEIRO – JUAN MANUEL GONZÁLEZ MOLINA
PONTE – JOSÉ A. SANMARTÍN VÁZQUEZ)
REFOXOS – JOSÉ VALIÑAS GARCÍA
RELLAS – ANA LUISA GONZÁLEZ COSTA
SAIDRES – JOSÉ VALLADARES FERNÁNDEZ
SIADOR – Mª CARMEN SÁNCHEZ FONTAO
SILLEDA – ROSENDO ESTÉVEZ LÓPEZ
TABOADA – Mª CARMEN BALDONEDO VILARIÑO
VILAR – JOSÉ CARNERO CARDIGONDE
XESTOSO – VICTORINO MÍGUEZ SALGUEIRO











