O Colexio público da parroquia de Artes vive un simulacro de incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Actuación dos bombeiros durante o simulacro

Actuación dos bombeiros durante o simulacro

Os 44 alumnos do CEIP de Artes tiveron oportunidade de vivir hoxe unha xornada diferente ao dar cabida a un simulacro de incendio co obxectivo de comprobar o plan de autoprotección do centro educativo.

Para efectuar esta práctica partiuse dun presunto incendio na aula de informática da escola e da ausencia dun dos estudantes que se atopaban no centro. Unha vez dada a alarma, os rapaces foron evacuados do inmoble, ao tempo que se mobilizaron os Bombeiros, Protección Civil, Policía Local e Policía Nacional e se procedeu á busca do suposto desaparecido.

Todo o simulacro descorreu correctamente. Os tempos foron moi rápidos tanto no que se refire á evacuación dos pequenos como á chegada ao centro dos grupos de emerxencia.

Unha vez concluído o exercicio, os nenos pasárono en grande probando os distintos vehículos implicados no operativo.

5 de xuño de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.