O Club Balonmán Porriño recibe unha subvención por importe de 23.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Entrega da subvención ao Club Balonmán Porriño

Entrega da subvención ao Club Balonmán Porriño

O Club Balonmán Porriño vén de recibir da Deputación de Pontevedra unha subvención por importe de 23.000 euros. O acto de entrega celebrouse na Casa Consistorial porriñesa en presenza do alcalde Nelson Santos, sendo a deputada Marta Igrexas quen entregou ao secretario do club, Manuel Anxo Pereira, o cheque da achega económica que o ente provincial outorga ao deporte de competición federado.

O alcalde encomiou “todo o esforzo das persoas que conforman o club e que traballan cada día polo progreso dos diferentes equipos”, así como tamén “o labor dos patrocinadores que seguen apoiando á entidade”. Santos tampouco se esqueceu de subliñar o “magnífico” traballo que se fai coa canteira e que aos poucos se vaian incorporando xogadores aos primeiros equipos, “é fundamental non perder ese aceno de identidade e traballar a base”, apostilaba.

Pola súa banda, o secretario do club agradeceu “á Deputación e, por suposto, tamén ao Concello a aposta que fan polo deporte en xeral e polo balonmán en particular”.

No acto, de novo o alcalde, e tamén a deputada, felicitou ao equipo polo último logro alcanzado: o quinto posto na División de Honra Feminina, a mellor clasificación na historia do club e que ademais lle dá dereito a disputar a competición europea na próxima tempada.

6 de xuño de 2014 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.