Noite Aberta nos establecementos comerciais de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Riveira comunica os seguintes eventos que terán lugar proximamente:

-Sábado 07 de Xuño, o centro comercial aberto Viamare, organiza a campaña “Noite Aberta”, onde máis de 30 establecementos permanecerán abertos até as 23:00 e realizarán descontos, sorteos, degustacións…Ademais o Centro Hostaleiro Aberto (CHA), sorteará unha noite gratis nun hotel rural entre os seus clientes.

-Martes 10 de Xuño ás 16:00, na Asociación de Empresarios terá lugar unha charla para dinamizar a plataforma “TURISMO RIVEIRA”, impartida por un técnico do concello e persoal da web turística co fin de explicar o funcionamento e mellor aproveitamento da páxina web. Aberta a todo o público.

-Durante os meses de Xuño e Xullo realizaranse os seguintes cursos na nosa Asociación: “Xestión Comercial Pemes”, “Posicionamento Web” e “Escaparatismo”, de 10 horas de duración cada un. Toda aquela persoa interesada en realizar lestes cursos pode porse en contacto coa Asociación no seguinte teléfono: 981873719.

6 de xuño de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.