Multitudinario Día da Bici en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Foron case 900 as persoas de todas as idades que quixeron participar esta mañá no Día da Bici de Riveira e aproveitar este magnífico día de domingo para facer un percorrido que descorreu pola cidade de Santa Uxía e os seus arredores.

De 9,5 quilómetros de lonxitude, a ruta saíu puntual da praza de España para atravesar a praza do Concello, 9 de Agosto, rúa Galicia, rúa Manzanares, paseo do Touro, Malecón, Carolinas, regreso ao Malecón, rúa Galicia e (despois de que os máis pequenos se retirasen) facer un percorrido algo máis dificultoso no que se subiu un tramo da avenida de Ferrol, se pasou por Deán, se baixou pola avenida da Paz e se regresou ata o punto do partida previo paso pola avenida da Coruña, Lepanto e Miguel Rodríguez Bautista.

De forma simultánea estaban tendo lugar na praza de España unha serie de actividades pensadas para os nenos, entre elas unha concentración de motos plásticas e dúas exhibicións acrobáticas.

Unha vez regresado o gran pelotón ciclista, tivo lugar un avituallamiento e procedeuse de diverso material deportivo, vales e dúas bicicletas. De entregar os premios encargouse o tenente de alcalde do Concello Emilio Pérez Outeiral, un dos participantes na ruta.

A cita estivo organizada polo Concello co apoio dos clubs Os Saltamontes e Tahume e a colaboración de Protección Civil, Policía Local, Sportbike, Chicolino Restauración, Gadis, Podium Sport, Deportes Estévez, Alia, Natural Sport, A Poutada, Mountain Bike e a administración de loterías La Fortuna.

 

15 de xuño de 2014 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.