La Rabuda Uno vence unha nova edición da Regata Frinsa que contou coa participación de 43 embarcacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+
Saída da regata

Saída da regata

Ao longo do día 21 de xuño de 2014 celebrouse unha nova edición da Regata Frinsa – Trofeo Presidente Ramiro Carragal Rei, organizada polo C.N.D. Riveira e co patrocinio do Grupo Empresarial Frinsa do Noroeste, que chega ao seu XIV edición.

Un total de 43 embarcacións participaron nesta edición, que transcorreu pola auga da ría Arousa, nun percorrido total de 8,20 millas e dividas en tres clases: Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro, división realizada en base ao hándicap ou GPH das embarcacións participantes.

A pesar de que o día comezou cunhas condicións meteorolóxicas na Ría de Arousa bastantes complicadas debido ao escaso vento existente. Ás 11:00 horas deuse a saída, cun vento do noroeste, que pronto desapareceu para dar paso a un vento do sur, cun intensidade variable e progresiva ao longo da proba.

O percorrido deseñado polo Comité transcorreu pola Ría de Arousa; a saída situouse nas inmediacións do porto deportivo da localidade riveirense, debido ao vento realizouse un pequeno desmarque, para dirixirse a rodear a Illa de Rúa, deixando a mesma por babor, tomar o Ter por babor e navegar cara á a chegada, que estaba na mesma posición que a saída.

A clasificación final de cada unha das clases foi a seguinte:

Clase Regata

1º Oral Group, do R.C.N. Portosín

2º Meigas Fora, do R.C.N. Portosín.

3º Ozoaqua, do C.N. Combarro

Clase Cruceiro-Regata

1º La Rabuda Uno, do R.C.N. Porotosín

2º Andarivel, do R.C.N. Porotosín

3º Viláns, do L.C. Villagarcía

Clase Cruceiro

1º Somni, do C.N.D. Riveira

2º Fixius, do C.M. Villagarcía

3º Arousa VIN, C.N.D. Riveira

Ás 17:30 horas realizouse a entrega de trofeos despois dunha degustación de produtos do Grupo Empresarial Frinsa do Noroeste na súa Factoría 4. Neste acto contouse coa presenza do Presidente de Frinsa, D. Ramiro Carragal Rei e varios familiares directos, o Presidente da Federación Galega de Vela, D. Manuel Villaverde, o presidente do C.N.D.R., D. José Antonio Ventoso, o Presidente do R.C.R.G., D. Pedro Piñeiro e o R.C.N.P., D. Fernando González.

23 de xuño de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.