publicidade hoxe

IV regata Cabos do Norte non Club Náutico de Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSada
A-
A+

O Club Náutico de Sada organiza, un ano máis, a Regata Cabos do Norte, xunto coa Asociación Nacional de Cruceiros e a Federación Galega de Vela. Este evento deportivo, que terá lugar os próximos días 18, 19 e 20 de xullo entre as augas sadenses e a Illa da Coelleira xa en augas da Mariña Lucense, estará patrocinado un ano máis pola empresa coruñesa de etiquetaxe industrial CORETI e a empresa de servizos náuticos MARINA VARADERO e contará tamén co apoio de varias empresas da localidade e da comarca, así como do Concello e da Xunta de Galicia.

Ás 11:00 am da mañá tivo lugar na sede do Club, a presentación oficial da regata, onde se expuxeron as bases da regata e adiantáronse novidades nesta cuarta edición. Entre as que se destacaron a categoría que adquire a regata ao ser valedoira para o circuíto galego nas clases Solitarios e A2, é dicir en tripulacións reducidas, a substancial mellora dos premios que acompañarán aos trofeos e a recepción de benvida aos regatistas.

O percorrido supón máis de 120 millas náuticas nunha travesía de máis de 24 horas polas Rías Altas, o que supón a regata de maior percorrido do panorama autonómico e entre as maiores no panorama nacional.

O venres 18 de xullo levará a cabo a reunión de patróns e análises das instrucións de regata e da climatoloxía. Ao finalizar esta reunión farase entrega dos dispositivos de localización, que permitirá facer un completo seguimento de cada segundo da regata, con todo tipo de datos e información en tempo real, isto poderá seguirse a través da web de www.localizatodo.com e por último un coctel de benvida no restaurante-cafetaría Mariña2 para todos os participantes.

A saída está prevista para as 11:00 da mañá do sábado 19 de xullo se o tempo o permite e prevese un gran seguimento da saída, tanto desde terra como desde embarcacións, para o que o Club Náutico de Sada establece unha serie de normas de seguridade para que aquelas embarcacións que queiran acompañar á flota durante a primeira milla de percorrido fágano coa máxima seguridade para eles e para os veleiros participantes.

Poderán participar nesta edición os cruceiros co certificado de medición ORC. 2014, en categoría de Tripulación, Tripulación Reducida (A2 e Solitario) e baixo o sistema de compensación RI poderán os barcos que o desexen participar na Copa RANC Galicia.

Na pasada edición anterior o vento foi o protagonista pola súa ausencia, algo que alargou a proba resultando moi dura e táctica. Esperando que este feito non volva suceder e que o vento permita un ataque ao record da proba que aínda a día de hoxe ostenta o Mirfak, do C.N.R. de Ferrol con pouco máis de 14 horas.

A Regata Cabos do Norte é descrita polos seus organizadores como única en Galicia e que, a pesar de levar celebrándose desde fai tan só 4 anos, xa se converteu nunha proba de referencia para os regatistas de cruceiro. Trátase dunha competición cun percorrido de gran beleza e importante dificultade, na que os participantes poderán navegar de día e tamén gozar da navegación nocturna.

Luís Fernández Vilela, Director Xeral de CORETI segue mostrando un ano máis o seu apoio a esta proba náutica que aínda que moza, está destinada facerse un sitio no panorama de regatas nacional.

30 de xuño de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.