Gran éxito de convocatoria do festival de fin de curso da escola municipal de ballet de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Actuación de ballet en Riveira

Actuación de ballet en Riveira

Como vén sendo habitual, o Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Ballet de Riveira abarrotou onte pola tarde o Auditorio do concello ante a actuación dos 51 rapaces -49 nenas e 2 nenos- que asisten a esta iniciativa formativa impartida pola profesora Cristina Riveiro.

O programa do evento combinou temas eminentemente clásicos (“Divertimento”, de Darius Milhaud, “Marcha”, de Gottschalk, “Rubís”, de Stravinsky, ou “Diamantes” de Tchaikovsky) con outros de corte máis teatral, como “Supercalifragilisticoexpialidoso”, con dirección musical de Richard M.Sherman e Robert B. Sherman, ou un extracto da banda sonora de “El Príncipe de Egipto”, con música de Hans Zimme e cancións de Stephan Schwartz.

Na última das actuacións, a propia Cristina Riveiro subiuse ao escenario xunto cun grupo de alumnos para interpretar o tema “Si tienes fe”, da película antes mencionada.

A continuación tivo lugar a entrega de diplomas aos alumnos, un acto no que o alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Educación Maricarmen Vizcaya tiveron ocasión de agradecer a presenza dos espectadores e loar o talento desprendido por todos os pequenos bailaríns que se subiron ao escenario.

9 de xuño de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.