Finalizan os obradoiros de estimulación cognitiva para maiores en Aguiño, Corrubedo e Olveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Despois de que o martes pasado tivese lugar no Auditorio Municipal a clausura dos obradoiros de estimulación cognitiva (talleres de memoria) das parroquias de Riveira, Artes, Castiñeiras e Palmeira; na mañá de hoxe tocoulle o turno a Olveira, Aguiño e Corrubedo, con dous actos celebrados nas Casas do Mar destas dúas últimas localidades.

Ata ambas localidades desprazáronse o alcalde Manuel Ruiz, o concelleiro de Servizos Sociais Vicente Mariño, a xefe de servizo Francisca Vidal e a psicóloga Nieves Sobrido, co obxecto de departir cos 32 maiores inscritos –anticipándolles algunhas das accións dirixidas a maiores que se ten previsto desenvolver no próximo curso- e entregarlles cadanseu diploma.

Cada encontro rematou coa preceptiva fotografía de familia, nun caso coa beleza do Carreiro de fondo e, no outro, co parque dunar.

En total foron 206 os veciños do municipio inscritos nestes talleres organizados dentro do Programa de Dinamización para os nosos Maiores.

30 de xuño de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.