Deteñen a un veciño do Porriño por roubo con forza nunha vivenda da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a PJ.F.V., de 28 anos de idade e veciño do Porriño, como suposto autor dun delito de roubo con forza nunha vivenda da citada localidade.

Tras denuncia presentada no Posto Principal da Garda Civil do Porriño polo roubo nunha vivenda na que o autor/es tras forzar unha porta da mesma accederon ao seu interior apoderándose de varios efectos, compoñentes do referido Posto iniciaron as oportunas investigacións para o esclarecemento deste feito delituoso.

No día de onte estas investigacións permitiron a identificación e detención do suposto autor e a recuperación de parte dos efectos subtraídos.

Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, o detido, que conta con amplos antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número Un do Porriño cando para iso sexa requirido.

18 de xuño de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.