As anpas de secundaria reuníronse co alcalde de Riveria para tratar a venda de alcol a menores e consumo na rúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Representantes das ANPAS dos centros de secundaria de Riveira mantiveron esta mañá unha reunión co alcalde Manuel Ruiz co fin de analizar dúas problemáticas enraizadas entre a mocidade como son o consumo de bebidas alcohólicas na rúa e a expedición deste tipo de substancias a menores de idade.

Durante este xuntanza –na que tamén participou a concelleira de Educación Maricarmen Vizcaya- todos coincidiron na preocupación derivada destes fenómenos, especialmente nesta época na que afloran as comidas de fin de curso e as festas populares na rúa,

Medidas

Ante a necesidade de loitar contra estes problemas, acordáronse unha serie de medidas, unha das cales será incrementar a vixilancia policial ante estas problemáticas agora que o corpo da Policía Local conta co reforzo de dez auxiliares. A tal efecto daranse dende Alcaldía as oportunas instrucións a este departamento.

Ademais, dirixiranse novos escritos aos establecementos habilitados para a venta de alcol do municipio recordándolles a prohibición legal de subministrar este tipo de bebidas aos menores de 18 anos.

A este respecto, os membros da reunión recordaron que, conforme á nova normativa na que se está a traballar dende a Administración Estatal, endureceranse as sancións ao respecto e contémplase incluso a imposición de multas aos pais ou titores que poderían alcanzar os 300 euros.

19 de xuño de 2014 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.