Armando Requeixo imparte en Riveira unha conferencia sobre Díaz Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Armando Requeixo na conferencia sobre Díaz Castro

Armando Requeixo na conferencia sobre Díaz Castro

Armando Requeixo impartiu na tarde de onte no Centro Cultural Lustres Rivas unha conferencia que estivo dedicada á figura e á obra de Xosé María Díaz Castro, o galardoado este ano no Día das Letras Galegas.

Armando Requeixo demostrou ser un profundo coñecedor da figura do poeta e tradutor e, ademais de narrar numerosas anécdotas da súa vida en Madrid, desmontou o mito que o sinala como escritor dun só libro, “Nimbos”, se ben este volume representa o cumio da súa obra.

O relator foi presentado por Elvira Pisos, concelleira de Cultural. A acción incardínase na programación do Xuño da Cultura e as Artes.

25 de xuño de 2014 | 14:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.