Adxudícase a renovación do parque infantil de Bretal en Olveira por 32.670 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello informa da adxudicación definitiva dunha nova actuación consistente na adecuación do parque infantil de Bretal, núcleo situado na parroquia de Olveira. Esta acción comporta un investimento total de 43.994,79 euros e está financiada pola Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos (POS).

A empresa que resultou adxudicataria foi Galitec Desarrollos Tecnológicos, S.L., por un prezo total de 32.670 euros. O prazo de execución é dun mes.

46 parques

O de Bretal é un dos 46 parques infantís existentes no municipio riveirense. Está composto dun columpio de dous asentos, outro dun asento, un equipo de rotación, dous muelles e dous balancíns, situados todos eles sobre céspede.

As obras que se van realizar teñen por obxecto adaptar este parque á normativa europea vixente en relación a este tipo de áreas de xogo. Neste senso, instalarase unha superficie amortiguadora de pavimento de caucho continuo sobre unha soleira de formigón e colocarase un panel informativo.

Ademais, procederase á retirada dos xogos existentes, xa que se atopan bastante deteriorados, e a súa substitución por un equipo combinado multixogos que estea formado alomenos por un tobogán aberto sinxelo, un tobogán aberto dobre e un tobogán aberto triple, tubos trepadores e un columpio dobre.

27 de xuño de 2014 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.