Adxudicación provisional da realización do inventario municipal de bens de Riveira
A xunta local de goberno procedeu na súa reunión de onte á adxudicación con carácter provisional dos servizos de formación do inventario de bens do Concello de Riveira.
E entidade que obtivo unha mellor clasificación foi a UTE formada plas empresas GT3 Soluciones, S.L., e Consultoría Integral de la Empresa y el Municipio, S.L. (CIEM). A súa oferta económica ascendeu a un total de 62.103,25 euros.
Este traballo ten como principal obxecto poñer o día un documento imprescindible á hora de evitar a eventual aparición de conflitos de titularidade e clarificar dúbidas que en ocasións xorden a raíz da tramitación de licenzas urbanísticas ou na defensa da propiedade municipal.
Xestión informática
Unha significativa novidade é que a elaboración destes traballos vai incluír a gravación dos datos obtidos nunha aplicación informática que será instalada nos equipos informáticos municipais e que permitirá tanto a xestión dos mesmos como a súa actualización se fose o caso no Libro de Inventarios.
Os bens serán agrupado seguindo os seguintes epígrafes:
Inmobles e vías públicas.
Dereitos reais.
Mobles de carácter histórico, artístico o de considerable valor económico.
Valores mobiliarios, créditos e dereitos de carácter persoal da Corporación.
Vehículos.
Semoventes.
Mobles non comprendidos nos apartados anteriores.
Bens e dereitos revertibles.
O prazo para a execución do inventario unha vez teña lugar a adxudicación definitiva será de oito meses, prorrogables de mutuo acordo sen que a duración total do contrato poida exceder dun ano.











