A segunda parte de “Menudo concerto” deixou patente o alto nivel dos alumnos do conservatorio de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Foto de grupo dalgúns dos alumnos do conservatorio

Foto de grupo dalgúns dos alumnos do conservatorio

Se o martes foron os alumnos de 3º e 4º de Grao Elemental do Conservatorio de Riveira os que demostraron o seu bo facer no evento Menudo Concerto; na segunda parte desta iniciativa, desenvolvida onte no Conservatorio, foron os estudantes de 3º e 4º curso os que protagonizaron o momento, con 18 actuacións que deixaron ben patente o alta nivel que os caracterizan.

A vintena de alumnos participantes interpretaron obras de autores tan recoñecidos e tecnicamente estimulantes, como Mozart, Schumann, Haydn ou Beethoven. Piano, saxo, guitarra, clarinete ou viola foron os instrumentos empregados.

Unha vez máis, a concelleira de Educación Maricarmen Vizcaya deu as grazas ao público asistente ao remate da actuación.

Ao aire libre

A participación do Conservatorio dentro do Xuño da Cultura e as Artes aínda non rematou, senón que hoxeás 19.15 levarán a cabo unha actuación ao aire libre na praza de Pablo Neruda, anexa ao Concello, baixo o título de Festa da Música.

19 de xuño de 2014 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.