A proxección do documental ‘Con etiqueta’ destaca entre os actos do Xuño da Cultura e as Artes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Mañá martes 3 de xuño terá lugar a terceira xornada do Xuño da Cultura e as Artes de Riveira: unha xornada entre cuxo calendario de actos destaca a presentación e proxección do documental “Con etiqueta”, a iniciativa da Asociación Pro Saúde Mental A Creba.

A actividade está prevista para as 11 horas e desenvolverse no Auditorio Municipal. Participarán Manuel Torres, guionista e produtor, e Monterrat Vila, psicóloga de A Creba. Unha vez rematada a proxección abrirase unha rolda de preguntas entre os asistentes.

O documental ofrece as voces dun grupo de persoas atadas de xeitos diversos a doenzas mentais: xente diagnosticada, xente que diagnostica ou familiares… todos eles desvelan durante unha hora de filmación unha realidade que moitas veces se agacha ao noso lado.

O Xuño da Cultura trae tamén outras accións, como unha xornada de portas abertas no Centro de Interpretación Arqueolóxica no Parque de San Roque (de 11.30 a 13 e de 16 a 18 horas) ou a exposición sobre o XIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo que se está a exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas (de 10 a 14 e de 17 a 19 horas).

 

2 de xuño de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.