A Policía Local do Porriño incrementa o seu persoal durante a época estival

Auxiliares de Policía Local que se incorporan no Porriño
O persoal da Policía Local do Porriño viuse reforzada coa chegada da época estival. Como xa vén sendo habitual, o cadro de persoal vese incrementado durante os meses de verán coa incorporación de novos axentes auxiliares que apoian, en todas as súas funcións, aos efectivos xa existentes (17 a día de hoxe).
O alcalde do Concello do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, José Manuel Jacobo, recibiron, xunto ao xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, aos oito axentes, sete homes e unha muller, que inician o seu traballo este mesmo mes de xuño, uns comezaron onte domingo e outros o farán o mércores. Santos e Jacobo déronlles a benvida, desexándolles “unha boa estancia” na vila e recalcándolles o seu labor de velar pola orde e a seguridade no municipio. “Con estas oito novas incorporacións alcanzamos un persoal de 25 axentes, o número óptimo ao que quixésemos chegar e fixar para o longo de todo o ano”, sinalaba o rexedor local. No entanto, xa se conseguiu incrementar o número de auxiliares para época de verán, pois nos últimos anos era de cinco e neste son oito











