A maxia da Sanxoandeirada engaiolou as rúas de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A maxia propia da festa de San Xoán impregnou na noite de onte as rúas e prazas de Riveira cun espectáculo que a cada ano que pasa se supera a si mesmo: a Sanxoandeirada, a proposta que  nos trae, dentro do Xuño da Cultura e as Artes, a Área Municipal de Servizos Sociais, coa colaboración dun nutrido número de entidades: obradoiro de pandeiretas do colexio Bayón, asociación de Amas de Casa, Aula Galega de Saxofón, Asociación Cultural Bailadela, Cofradía da Dorna, Riveira se escribe con V, As Miñoteiras, Alfaia, Asociación Rúa do Sal, Círculo Mercantil de Riveira, grupo Rebuldaina, grupo Xoldra Rachada, programa do Voluntariado Social Municipal, Protección Civil, grupo Galinké ou Club de Patinaxe de Riveira.

O acontecemento comezou ás 21.30 horas na praza do Ourense, precisamente o lugar onde o ano pasado concluíra a segunda edición da Sanxoandeirada, chamada “O Serán da Fonte Navegante”. Naquela ocasión, o fío condutor da obra foi a busca deste enclave lexendario por parte de Bolboreta, Bocachea e outros simpáticos personaxes nunha combinación de teatro, música e folclore. 

Esta vez, o espectáculo –con guión unha vez máis de Santi Páramo- titulouse “Sempre voa unha charamusca” e, ademais de moitos dos personaxes que xa fixeran aparición en 2013 (Bolboreta, Bocachea, Señor das Cunchas, Gardán da Porta…), incorpóranse outros a cada cal máis simpático ou rocambolesco como Marciano, Platón, Caradepucha Vermella, o Lobo Veloz, a Princesiña da Terra Meiga, a Caracola do Mar ou o Príncipe Ra.

A actuación comeza con Bolboreta e os seus amigos reunidos en torno á Fonte Navegante para ir preparando o San Xoán, cando chega a nova de que escapou unha charamusca que pode acabar incendiando toda Riveira e mesmo o mundo enteiro está en perigo.

A partir de aí, arranca unha peregrinación que leva á cada vez máis numerosa comitiva por distintos lugares da cidade, como por exemplo:

– a rúa de Galicia, onde o Señor das Cunchas fai acto de aparición montado nun vehículo motobomba de Protección Civil,

– a praza de Otero Goyanes: quedará na memoria dos presentes o ovni de Marciano competindo en altura coa propia Igrexa Parroquial,

– a rúa dos Catalans, onde se empraza o Burato Cheiraquefede, que todos asistentes deberán atravesar equipados coa indumentaria apropiada,

– General Espartero: aí aparece Platón na súa Caverna, encaramado ao rótulo do establecemento hostaleiro do mesmo nome… ou tamén o Lobo Veloz na súa impoñente moto… ou a Princesiña da Terra Meiga subida nun cabalo branco,

– O Malecón, coa máxica intervención de Caracola do Mar e o reparto entre público de globos de cores,

– a praza de Compostela, onde ten lugar o desenlace da trama, mentres a animada percusión brasileira do grupo Galinké vence ás luctuosas notas do adagio de Barber a cargo da Aula Galega de Saxofón

– e, finalmente, dúas horas despois do inicio da obra, a rúa Galicia, xusto fronte do Museo Municipal, lugar do que brotan fogos de artificio mentres dende a balconada do inmoble se visualiza o lema desta historia: “Para que nos nosos soños sempre voe unha charamusca”.

INTERPRETES

Vane Bolboretiña, Kica Fernández, Santi Páramo, José Pazó, Eduardo Iglesias, Maria José Carreira, Luís Teira, Daniel Gómez, Juan A. García, Lucía García, Borja Parada, Oscar Romero, Gustavo LLovo, Ana Santos, Andrés Lijó, Josema Suárez, María do Mar Pego, Alejandro Páramo, Cristina Rodríguez, Stella Audissio, María Cores, Maria a Catalana, Merchi Becerra, Andrea Hermo, Monserrat Colomer, Susana Fernández, Manuel Parada, Fernando Leis, Amara Mirada Esmeralda.

ASOCIACIÓNS

Obradoiro de Pandeireta do Colexio Bayón. Asoc. De Amas de Casa (cantareiras e pandeireteiras). A.C. “Bailadela” (pandeireteiras/os). A. “Riveira se escribe con V”. Pandeireteiras “Rebuldaina”. Pandeireteiras “Xoldra Rachada”. A.C. “R. e I. Cofradía da Dorna”.Aula Galega de Saxofón do C.P.de M.de Riveira. A.C. “Alfaia”.A.C.D. “As Miñoteiras”. Clube de Patinaxe Riveira. A.C.”Rúa do Sal”. C.M.I.R. de Riveira. Programa de Voluntariado Social Municipal.Agrupación Local de Protección Civil.

COORDINACIÓN

Aula de saxofón: José Fungueiriño. Festa final: Ángeles Cores (Riveira se escribe con v). Decoración calexos: Mari Carmen García (A.C. Alfaia). Praza Compostela: Josefa Aguado e Manola López. Balcóns en Praza de Ourense: María Martínez. Asociación Amas de Casa: Magdalena Bringas. Profesor cantareiras e pandereteiras Amas de Casa: José Luis Galán. Profesora pandeireteiras Bailadela: Manola Valiño. Profesora Obradoiro de pandeireta Colexio Bayón: Vane Bolboretiña Profesora pandeireteiras Xoldra Rachada: Vanessa Maceiras

Son e gravacións: Oscar Romero. Maquillaxe: Eva Santiago. Coroas e flores: María Jesús López. Máscaras: María Vilas. Ás de Bolboreta: Rut Argibay. Vídeo: Sandra Pérez. Micros: Conchi Bravo. Loxística: Aida Domínguez, Encarna Álvarez, Silvia Sanjurjo, Marian Rasd, Nieves Sobrido, Carmen López, Susa López, Chus Domínguez, Rosa Mª González, David Cabaleiro, Marina ,Paula e Belén Díaz, Carlos Pérez, Josefa Santamaria e Dani García. Apuntadoras: Pilar García e Carolina Pampín. Seguridade:: Alberto Iglesias Ilustración: Eva Callón. Deseño díptico: Luis Teira.

Departamento de Servizos Sociais: Maria Francisca Vidal

ESTABLECEMENTOS

A Fiandeira do Rueiro. Érase una vez… Joyería e Óptica Blanco. El Rincón del Chocolate. Estanco de Juan. Clínica dental Eugenia González. Bar A Caverna. Bar A Cuba. Hostaleiros da Rúa do Sal. Bar Plaza. Jesús Lijó. Supermercado Día. Colaboración especial de “Equa´s Rutas a cabalo”

Son: Bandín Audio. Luz urbana: JesúsLijó. Decorados: J.M. Parada

Actuación especial Grupo de danza e música Afrobrasileira GALINKÉ.

Coa colaboración da Concellería de Cultura e Festexos, Concellería de Benestar Comunitario, Concellería de Infraestructuras e Urbanismo, Concellería de Seguridade e Mobilidade Cidadá e Policía Local de Riveira.

Autor e director:Santi Páramo. Obra escrita a partir dunha anécdota sucedida no Rueiro hai anos e escoitada polo autor por primeira vez a Antonio Millares e por última a Quico Cadaval.

21 de xuño de 2014 | 20:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.