publicidade hoxe

A Consellería de Cultura e Educación investirá 680.000 euros na ampliación do CEIP Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSada
A-
A+

A Consellería de Cultura e Educacióne a empresa Obras y Servicios Gómez Crespo S.L. asinaron esta mañá o contrato para a execución das obras de ampliación do CEIP Sada e os seus contornos, nas que o departamento educativo da Xunta de Galicia investirá máis de 680.000 euros. Os traballos, que comezarán nos próximos días e teñen un prazo de execución de 6,5 meses, darán resposta ás necesidades do centro, e supoñen o cumprimento do compromiso adquirido pola Consellería coa comunidade educativa do concello de Sada.

A obra consistirá na construción dun aulario nunha única planta con capacidade para 125 alumnas e alumnos, aproveitando o desnivel da parcela para utilizar a cuberta do novo volume como zona de patio de xogos. A nova edificación – cunha superficie construída total de 498,80 m2- albergará 4 aulas de educación infantil, 1 aula de primaria e 1 aula de apoio-ANPA, ademais dos servizos comúns correspondentes e o local de instalacións.

Ademais, reformarase a zona de aseos da planta soto do edificio existente co fin de crear unha conexión directa entre este e a ampliación. Por último, para mellorar a imaxe do conxunto e poñer en valor o edificio modernista, cambiarase o peche existente na fachada cara o porto deportivo por outro máis permeable que permita ver a fachada e o mar.

11 de xuño de 2014 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.