publicidade hoxe

A ADR Terras do Deza abre convocatoria para as axudas do programa Leader

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaDozónLalínRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza, en reunión da Xunta directiva, celebrada o día 3 de xuño de 2014, aprobou entre outros o seguinte acordo.

Apertura da Convocatoria para a presentación de solicitudes de axuda do programa Leader Galicia 2007-2013, Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza.  Anualidades 2014 e 2015.

Prazo de solicitude: O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o día 13 de xuño de 2014 e rematará o 31 de marzo de 2015 (ou no momento no que se comprometan os fondos dispoñibles).

Ámbito de actuación: Agolada,  Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Réxime de axudas: RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013, do director xeral de Agader, pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se modifican as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento de entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, aprobadas polo Acordo do Consello de Dirección de Agader do 30 de maio de 2008.

Dotación orzamentaria:
2014: 359.435,17 €
2015: 440.564,83 €
O importe dispoñible desta nova convocatoria resultará do remanente que poida quedar despois de emitir as resolucións de axuda para aqueles proxectos que quedasen pendentes de resolución da convocatoria anterior, tal e como se establece no punto XVI. Réxime transitorio, das bases reguladoras.

Lugar e forma de presentación:
Os promotores deberán presentar a documentación correspondente, no rexistro das oficinas da ADR Terras do Deza.

 

9 de xuño de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.