Un proxecto de vivenda domotizada na última xornada da Feira de Educación en Riveira

Proxecto de vivenda domotizada
Na última xornada da Feira de Educación de Riveira, as instalacións do Auditorio Municipal volveron rexistrar unha afluencia masiva de alumnos e profesores que foron partícipes do extenso calendario de actos programado para esta mañá.
A sesión comezou cun Concerto das Letras Galegas na honra de Díaz Castro, no que Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro musicaron os versos do homenaxeado este ano no 17 de maio, ademais doutros poetas galegos. O patio de butacas da infraestrutura cultural enchouse por completo con tal motivo, con alumnos procedentes dos distintos centros educativos.
Outra curiosa proposta que espertou o interese dos rapaces foi a presentación de proxectos impulsado polo Centro Integral de Formación Profesional de Coroso, como é o caso dunha vivenda domotizada con PLC, ademais dunha cociña solar e a aerografía empregada en carrozarías, así como unha degustación alimentaria.
Inglés
Tamén houbo oportunidade para o inglés, a través das iniciativas “The Lost Colony of Ronoake” ou “How to make your Dreamcatcher”, dúas iniciativas promovidas polo CEIP Plurilingüe O Grupo.











