Un gran mural conmemorará o Día das Letras Galegas no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Elaboración do mural

Elaboración do mural

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos en Porriño, na semana do Día das Letras Galegas, os estudantes do IES Ribeira do Louro desprázanse á Praza do Cristo para crear un gran mural conmemorativo desta festividade na Comunidade galega. Así, os alumnos de cuarto curso da ESO, acompañados da profesora de Educación Plástica María José Igrexas, escultura e pintora profesional, reuníronse esta mañá para pintar dúas grandes teas que xa loce na fachada do centro cultural municipal.

O alcalde Nelson Santos e a concelleira de Cultura Teresa Veloso estiveron con este grupo de mozos para felicitalos e agradecerlles a súa predisposición e colaboración neste tipo de actividades a prol do patrimonio cultural.

Ante a mirada atenta dos transeúntes, que se paraban a observar o traballo dos máis novos, decenas de alumnos debuxaron con pinturas unha caricatura de Xosé María Díaz Castro, poeta a quen se lle rende homenaxe este 17 de maio, nunha superficie de tea na cal tamén se debuxaron círculos de cores facendo referencia ao abstracto empregado por Díaz Castro nas súas obras.

Profesora e alumnos agradeceron ao Concello de Porriño a súa implicación unha vez máis nesta actividade lúdica e formativa a través da súa achega económica para adquirir todos os materiais necesarios.

14 de maio de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.