Tres mil flores de tempada para engalanar Riveira
Xardineiros municipais están inmersos dende o día de hoxe en plantar flores de temporada na cidade e nas parroquias. Serán un total de 3.000 o número de exemplares que se vaian situar co obxecto de engalanar os distintos espazos públicos do municipio.
Os labores comezaron hoxe na praza do Concello (neste caso plantando a variedade Impatiens balsamina) para continuar os vindeiros días noutros lugares de Santa Uxía como as rotondas da Serea, Amas de Casa, Estación de Autobuses e o León de Padín. Máis tarde farán o propio no resto de parroquias.











