Riveira solicita autorización para que as praias de Couso e Area Basta sexan aptas para a presenza de cans

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de solicitar esta semana ao Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia autorización para habilitar desde este verán dúas praias do municipio como areais nos que se permita a presenza de usuarios cos seus cans. Trátase concretamente das praias de Couso e Area Basta.

Os criterios polos que se seleccionaron estas dúas zonas foron dous. Por unha banda, están pouco frecuentadas tanto no inverno como no verán. E por outra, non lles resulta de aplicación o Plan de Conservación da Píllara das Dunas coas restriccións que a presenza desta ave conleva, tal e como si acontece con outros sitios alternativos, caso de Espiñeirido, Balieiros, Anguieiro, Penisqueira ou Celeiráns, entre outros.

A decisión de habilitar Couso e Area Basta como aptas para cans provén de que nos últimos tempos se ten detectado unha demanda cada vez maior por parte dos donos deste tipo de animais, interesados en dispor dalgún espazo litoral onde disfrutar cos mesmos sen ocasionar por isto molestias a outros usuarios.

29 de maio de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.