Riveira obsequiará a trece traballadores con máis de 25 anos de servizo municipal
Con ocasión da celebración este xoves do Día da Santa Rita (padroa dos empregados municipais) o Concello de Riveira ten intención de agasallar aos seus traballadores que teñen cumprido 25 anos de servizo municipal.
Serán en concreto trece as persoas –oito homes e cinco mulleres- obsequiadas nun acto que está previsto se celebre ás 10 horas no salón de Plenos do Consistorio. O alcalde Manuel Ruiz entregará a cada un deles a insignia de ouro do Concello.
Cómpre lembrar que xa no ano 2012, con motivo da conmemoración en Riveira do Día de Santa Rita dos empregados municipais de toda a comarca, foron distinguidos con esta insignia outros sete traballadores locais con máis de 30 anos de dedicación: acto celebrado no restaurante Baiuca no transcurso do tradicional xantar.