Riveira comeza a eliminación de vertedoiros incontrolados coa limpeza dun punto na Pedra das Cabras
Tal e como estaba previsto, operarios dependentes da Consellería de Medio Ambiente iniciaron esta mañá a erradicación do primeiro dos 16 vertedeiros incontrolados que se prevé eliminar este mes no municipio de Riveira.
Concretamente, este punto de verquido de residous está situado no contorno de Pedra das Cabras, no lugar coñecido como Carrouchal.
Nos próximos días continuarase con estes labores no resto de escombreiras detectadas e notificadas á Xunta polo Concello. A saber, o vertedoiro ubicado no lugar coñecido como Outeiro das Ovellas (Aguiño), outro en Couso (Aguiño), dous no Monte da Cidá (Carreira), un nunha pista situada entre a CP-7301 e Deán Pequeno (Santa Uxía), un en Sancortes (Oleiros), tres en Pedras Vermellas (Palmeira), outro máis en Pedra das Cabras (Palmeira), un en Espiñeirido (Olveira), un en Muíño da Correa (Artes) e os tres restantes no contorno da Fieiteira (Carreira)











