Reunión da asociación de hostaleiros de Riveira para tratar os festexos de verán
A Asociación de hostalaría de Riveira comunica que onte martes mantivo unha reunión cos seus asociados onde se trataron distintos temas de cara ao verán, Festa da Dorna e Festas de Verán que neste caso acordouse manter unha reunión coa Comisión de festas, o vindeiro martes día 27 de maio para intercambiar puntos de vista e realizar puntos de vista que desde este sector se contemplan.
Falouse da ordenanza de terrazas onde se expuxeron as conclusións da reunión de tivemos co Concello valorando os lados positivos, onde se solicitou a ampliación do horario turístico das terrazas e o prazo de adaptación de mobiliario e elementos auxiliares até xuño do 2015 co compromiso dos hostaleiros de realizar cambios este mesmo ano.
Conseguiuse adaptar a ordenanza de terrazas ao mobiliario de cadeiras e mesas de aluminio a condición de que se lle engada coxíns homologados da cor da zona que corresponda.
Outro tema que se tratou e con moita relevancia son os roubos que están a sufrir os locais hostaleiros do municipio acordándose presentar escritos onde se pida máis protección e endurecemento da lexislación a estes individuos que non deixan realizar a actividade normal do sector hostaleiro.
Por último celebrarase un encontro dos hostaleiros do parque García Bayón e o Concello para tratar o tema das atraccións que se instalan periodicamente nesa localización.











