Pasa a disposición xudicial ao presunto autor dun incendio forestal en Riveira
Axentes da Policia Autonómica veñen de poner a disposición xudicial a un veciño de Riveira como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o pasado verán. O lume tivo lugar o 27 de agosto do pasado 2013, na parroquia de Palmeira (Riveira), afectando a unha superficie de máis de 172 hectáreas e obligando a evacuar o Polígono de Xaras, acercándose perigosamente a depósitos de combustible e ao hospital do Barbanza que estivo a piques de ten que ser tamén evacuado.
O lume iniciouse nos arredores da vía rápida do Barbanza, en catro focos nun quilómetro de distancia. Para a súa extinción foi precisa a intervención dun importante número de efectivos do persoal antincendios da Xunta de Galicia e dos servizos de urxencia.
A raíz deste lume e, tras varios meses de continuadas investigacións da Policia Autonómica establecendo tamén contactos no entorno do detido, tomóuselle declaración e, ante o cúmulo de indicios que había contra a súa persoa, confesou a autoría do incendio sinalado. De igual maneira por similitudes no “modus operandi” e por declaracións de testemuñas, impútaselle a participación en outros dous incendios ocorridos no mesmo concello, no período de 2013 e nos que colaborou dun xeito activo nos traballos de apoio e control na extinción, xa que colaboraba como voluntario en Protección Civil de Riveira.
Polos feitos tramitouse atestado que foi remitido ao Xulgado de Instrución, en funcións de garda, de Riveira, quedando o detido a disposición da Autoridade Xudicial. Na investigación colaboraron axentes do distrito forestal IV-Barbanza
Imputado en Crecente
Por outra banda, membros do Equipo de Investigación de Incendios Forestais da Policia Autonómica da Xefatura Local de Vigo procedeu á imputación dun veciño de Crecente, como autor dun incendio por neglixencia na realización de labores apícolas.
O incendio tivo lugar na parroquia de Riveira, no concello de Crecente o pasado 15 de maio resultando queimados 90.000 metros cadrados de monte arborado. Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº. 1 de Ponteareas.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2014, xa son 44 persoas as persoas detidas ou imputadas pola Policía Autonómica coma presuntas autoras de incendios forestais.











