publicidade hoxe

Os alumnos do Ceip A Barquiña “xogan co vento” na ría de Muros Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+
Actividade "Xogando co Vento"

Actividade “Xogando co Vento”

Os alumnos do CEIP A BARQUIÑA  de Noia gozaron da Ría de Muros Noia a bordo de embarcacións tipo Omega onde os instrutores e organizadores da actividade Alex Pombo e Sergio do Rio explicáronlles e ensinaron as reviravoltas da navegación.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actividades promovidas pola Secretaría Xeral a través do seu programa XOGADE baixo o título XOGANDO CO VENTO, sendo aberto para todos os nenos e nenas  en idade escolar a través dos seus centros educativos, onde se pretende utilizar o mar, o vento e a vea como instrumento de xogo para traballar os diferentes contidos no medio ambiente e saúde sen deixar por iso de fomentar o deporte e a activade física.

A actividade foi posible grazas a dúas institucións de referencia dentro do sector náutico deportivo  na zona como son o Centro Náutico Outes e o Real Club Náutico Portosín.

16 de maio de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.