O triatlón regresa a Riveira cunha proba popular e outra clasificatoria para o Campionato de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

O vindeiro 22 de xuño vai ter lugar a segunda edición do certame Triatlón Concello de Riveira, que albergará unha proba clasificatoria para o campionato de España e outra de carácter popular -de distancias máis curtas- co obxecto de promocionar este deporte en auxe.

A dobre cita está coorganizada por Lodeco, S.L.U., Club Natación Riveira, Concello de Riveira e Federación Galega de Triatlón. Conta co patrocinio da Deputación da Coruña, Obras y Servicios Lijó, Xoiería e Óptica Blanco, Congalsa, Serdeco e A Poutada. Colaboran tamén Sportbike, Policía Local, Protección Civil e Secretaría Xeral para o Deporte.

Distancias

En canto ás distancias, a cita popular (enfocada a categorías infantil, cadete, júnior, sub 23 e veteranos) constará de 300 metros a nado, 10 quilómetros en bicicleta e 2.500 metros de carreira a pé. A proba clasificatoria terá unhas distancias de 1,5, de 10 e de 40 quilómetros, respectivamente. A saída, transición e meta estarán centralizadas na praia de Coroso.

Aqueles que estean interesados en inscribirse teñen ata o martes 17 de xuño para facelo. O trámite realizarase online a través da web da Federación Galega de Triatlón (www.fegratri.org), no apartado Competicións/Inscricións. O prezo da proba clasificatoria é de 25 euros e a popular de 8 euros (excepto cadetes e infantís que son gratuítas).

29 de maio de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.