O Porriño celebra este venres a Festa dos Maios
A praza porriñesa Arquitecto Antonio Palacios acollerá este venres, 9 de maio, a tradicional Festa dos Maios. Durante a xornada permanecerán expostos diversos maios elaborados polas diferentes agrupacións locais. Asociacións culturais e veciñais de todas as parroquias de Porriño exporán o seu maio elaborado, fundamentalmente, con flores, herba, helechos, froitas e ovos.
Será pola tarde, a partir das 18.00 horas, cando se celebren as tradicionais coplas desta festa popular de orixes ancestrais. Así os integrantes das diferentes agrupacións cantarán ao redor destas figuras en forma de cono, de gran altura e recubertas de vexetación.
Desde a Concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Veloso, convidan a todos os veciños e visitantes a que se acheguen ao centro do pobo e asistan e participen deste acto tan arraigado no mundo enteiro, pero moi especialmente en Galicia.











