O Consello Escolar do CEIP Xosé Fernández López repulsa a agresión ao conserxe do centro
O Consello Escolar do CEIP Xosé Fernández López de O Porriño, reunido esta mañá do 22 de maio de 2014 en sesión extraordinaria, CONDENA E REXEITA a agresión sufrida polo conserxe do colexio D. Fernando Barros Domínguez, levada a cabo por dúas persoas na conserxería do centro, en horario lectivo e diante do alumnado.
Do mesmo xeito, “amosamos o noso sentir polo impacto emocional que sufriron os alumnos do colexio polos feitos, dobremente afectados ó tratarse dunha persoa moi querida por tódolos nenos.
Agora a xustiza ten a súa palabra e confiamos nela.
O noso total apoio ó noso conserxe Fernando.”