O Concello do Porriño organiza unha visita á planta de Sogama en Cerceda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Pola súa adhesión ao programa de compostaxe doméstico de Sogama, do que están participando 35 familias porriñesas, o Concello de Porriño foi invitado a visitar a planta de Sogama en Cerceda para que coñeza o seu funcionamento e o labor do reciclaxe. Deste xeito, a concelleira de Medio Ambiente, María José Martínez informa de que a actividade, que se celebrará o próximo día 20 de xuño, está aberta a todos os veciños que así o desexen, polo que aquelas persoas interesadas en participar da visita guiada deben chamar ao 986335000, en horario de 08.00 a 14.00 horas, para anotarse. As prazas son limitadas polo que desde o Concello recomendan inscribirse canto antes.

2 de maio de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.