O Concello de Riveira amplía a tres anos o contrato de subministro de retretes portátiles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira acaba de sacar a licitación o subministro, mantemento e limpeza, mediante a modalidade de arrendamento, de retretes químicos portátiles destinados a praias do municipio durante a tempada de verán, así como a actividades culturais e festivas.

Unha significativa novidade deste ano é o que o pliego de prescripcións técnicas recolle expresamente a posibilidade de que o contrato a formalizar sexa por tres anos (2014, 2015 e posibilidade de prórroga a 2016), en lugar dun só exercicio como era habitual. Así, o orzamento máximo a efectos de licitación ascende á cantidade total de 72.494,73 euros, correspondendo un límite de 24.164,91 euros a cada unha das anualidades citadas. Con isto se pretende incentivar as rebaixas nas ofertas presentadas, co conseguinte aforro para as arcas municipais.

O número total de retretes a instalar –deben ser totalmente novos- ascende a 39, dos cales 33 son do modelo denominado VIP e 6 do modelo minusválido. Un total de 35 irán destinados a areais e 4 a zonas onde se celebren actividades culturais ou festivas nas que o Concello acorde a súa colocación. A duración do contrato de aluguer é de tres meses en ambos casos.

Mantemento e limpeza

Así mesmo, o adxudicatario comprometerase a realizar labores de mantemento e limpeza por un total de 75 días de cada un dos elementos situados en zonas de praia. Así mesmo, realizarase diariamente os mesmos traballos ata un máximo de 25 días nos que estean ubicados en áreas festivas ou que acollan actividades culturais.

En canto ás praias previstas son: Coroso, Vilar, Ladeira, Touro-Fontán, Touro- Furna Valeiras, Area Secada, Ameixida, Mosqueiros-Fonteseca, Castro-Catía, Prado-Campo da Agra, Corna, Río Azor, Prado e Tasca.

19 de maio de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.