publicidade hoxe

O Colexio de Deán vive un simulacro de incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O colexio do Caramecheiro en Deán deu cabida esta mañá a un simulacro de incendio que tivo como principal obxectivo a posta en práctica do plan de autoprotección deste centro educativo.

Para tal fin, distintos efectivos implicados neste tipo de sinistros (Bombeiros, Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil) puxeron en práctica unha actuación conxunta na que se partiu dunha suposta alarma de incendio nunha aula do inmoble.

Unha vez activada a alarma, os 18 pequenos e pequenas que asisten a este centro escolar foron evacuados correctamente, xunto co persoal docente.

Concluído ou simulacro, os nenos pasárono en grande subindo a distintos vehículos que formaron parte deste exercicio.

28 de maio de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.