O auditorio de Riveira será escenario dun espectáculo musical para bebés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRiveira
A-
A+

Este domingo 18 de maio, ás 12 do mediodía, vai ter lugar no Auditorio de Riveira un espectáculo musical dirixido especialmente aos bebés de 0 a 3 anos e as súas familias. O seu título, “Arrolos de Salitre”.

Trátase dunha acción promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta en colaboración coa Concellería de Educación. Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández interpretarán “Arrolos de salitre”, unha compilación de once cantigas de berce tradicionais e novas composicións para meniños e meniñas, ao son da guitarra e do acordeón.

Desenvolverase no primeiro andar da citada instalación municipal e está prevista a asistencia de cerca dun centenar de asistentes, inscritos con anterioridade no transcurso da exitosa Feira da Educación.

16 de maio de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.