Instálanse cámaras de vixilancia no polígono industrial de Xarás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que, dende o día de hoxe, operarios están a instalar cámaras de vixilancia no polígono industrial de Xarás.

Cómpre lembrar que a creación dun circuíto pechado de televisión para velar pola seguridade neste enclave estratéxico foi adxudicada a finais do pasado ano á empresa Sistemas de Seguridade A-1, SL, e comportou un investimento de 107.024,50 euros.

As cámaras xa foran instaladas hai uns meses, pero defectos de fabricación provocaban que se empañasen con rapidez e foi necesario encargar unhas novas a fin de substituílas.

Operarios estaban a traballar esta mañá na oportuna colocación dos novos dispositivos, actuando na rotonda de acceso ao polígono industrial, lugar este ao que se suman outras localizacións como a avenida Ramiro Carregal Rey, o contorno do matadoiro comarcal ou a estrada AC-550.

O circuíto está formado por un total de sete domos móbiles día/noite, controlados e monotorizados dende a sede da Policía Local.

19 de maio de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.