Finalizan as obras de pavimentación da explanada portuaria de Palmeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da conclusión das das obras de pavimentación da explanada portuaria de Palmeira: unha das actuacións incluídas dende a Administración Municipal no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal da Deputación (POS).

Os traballos de pavimentación foron efectuados pola empresa Construcciones Anspal, S.L.. O seu orzamento ascendeu 93.077,82 euros.

A zona portuaria de Palmeira é un dos lugares máis transitados da localidade. O seu anterior pavimento asfáltico, bastante deteriorado, foi substituído por adoquín de formigón prefabricado en tonalidades gris e verde semellantes aos que se atopan en rúas colindantes. A superficie onde se levou a cabo a actuación é de 1.750 metros cadrados.

14 de maio de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.