publicidade hoxe

Fases provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra do Taekwondo escolar na modalidade de exhibición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesOurenseSada
A-
A+

Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais de Pontevedra (Cangas), Ourense (Ourense capital) e A Coruña (Sada) do taekwondo escolar na modalidade de exhibición, categorías infantil e cadete. A pasada semana tivo lugar a proba de Lugo.

O sábado 10 (a partir das 11:00 horas) celebrarase a fase provincial de exhibición da Coruña no Albergue da Marina Española en Sada, organizada polo Natural de Sada. Ao día seguinte, Cangas (O Gatañal, organizado polo Sares TKD) acollerá a fase provincial de Pontevedra, a máis numerosa con 40 equipos (vinte por cada categoría) a partir das dez da mañá. E tamén o domingo (10:30) terá lugar a fase de Ourense no Pavillón dos Remedios e organizado polo Couto, onde celebraranse as probas de exhibición e combate.

Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan movementos, defensa persoal e acrobacias. Para a final galega clasificarase o 50 por cento mellor clasificado e ademais, está en xogo a participación no Campionato de España cadete.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que se delega.

8 de maio de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.