Dous espectáculos infantís en Riveira no marco do maio cultural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A programación do Maio Cultural traerá mañá sábado a Riveira dous interesantes actividades dirixidas aos máis pequenos.

Por unha parte, a contacontos coñecida como Larraitz desenvolverá na Biblioteca Municipal o seu espectáculo titulado “Bebamor”, que está orientado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. A actividade terá lugar a partir das 12 de mediodías con entrada libre e de balde.

En segundo lugar, o Auditorio Municipal dará cabida a partir das 19 horas unha actuación a cargo de Mama Cabra, que porá en escena o seu fantástico espectáculo “Bicos de música”, que está dirixido a un público infantil e familiar. Tamén será gratuíto e as entradas poderán ser retiradas a partir de media hora antes do inicio da función.

9 de maio de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.