Directivos de banca expoñen no Porriño as alternativas de financiamento para proxectos empresariais

Xornada do triángulo de emprego
Os diferentes tipos de financiamento ofrecidos para emprendedores, ben constituíndose como autónomos ou como pemes, foi o tema sobre o que virou a xornada de hoxe do Triángulo de Emprego que organiza a Concellaría de Emprego e Formación do Concello de Porriño que dirixe M. Alejandro Lorenzo. Decenas de persoas acudiron esta mañá ao Multicentro de Torneiros a interesarse das alternativas de financiamento expostas por directivos de diferentes entidades bancarias. Precisamente, o feito de “coidar e diversificar o pool de provedores financeiros”, é dicir, estar ligados con máis dun banco, foi un dos consellos dados por Eva Castro, directora do BBVA de Porriño, que foi a encargada de abrir a xornada seguida dos relatorios de Alejandro Sebastián e Igor das Heras, director de Banca Privada e director da oficina da Caixa en Porriño, respectivamente e de Mariana Cadilla e Pablo Cantón, directora de oficina e delegado de Financiamento Empresas Galicia de SabadellGallego, respectivamente.
Todos eles expuxeron as diferentes liñas e iniciativas que os bancos para os que traballan ofrecen aos emprendedores. No entanto, profundaron tamén na situación económica actual e as perspectivas a curto prazo e nas diferentes fontes de financiamento existentes á hora de iniciar un proxecto empresarial. Así, Castro asegurou que “a economía española crece, sendo a primeira vez que España vende máis do que compra ao exterior e que a crise de débeda en Europa deixou de ser un problema”. Neste sentido sinalou como puntos fortes de Galicia para saír da crise “diversificar as exportacións e o turismo”, tendo tamén que “mellorar en educación, en investimento en I+D+i e no desenvolvemento tecnolóxico das empresas”. Á hora de iniciar unha actividade débese ter ben expostas as necesidades financeiras, “un debe ter moi claro o que vai facer e saber con que recursos propios conta para coñecer tamén así a outra parte de recursos (os alleos) que necesita”, subliñaba Castro facendo referencia á existencia duns gastos previos a iniciar a actividade (de constitución, inmobilizado e circulante). No financiamento alleo é onde aparece a figura da entidade bancaria, e precisamente no caso do BBVA presentouse as dúas iniciativas a día de hoxe existentes para o apoio de negocios: “Eu son emprego” e “Momentum Project”. Dentro da primeira delas diferéncianse tres liñas, unha de apoio directo á contratación, outra de apoio á selección de persoal e unha terceira de apoio á formación. A segunda iniciativa ten como obxectivo identificar e facer aflorar emprendimientos sociais en cada unha das áreas xeográficas nas que se desenvolve o programa, apoiando a consolidación e desenvolvemento daqueles emprendimientos que acheguen solucións efectivas e escalables para retos sociais e ambientais.
A internacionalización centrará a próxima xornada, o martes 20
O mes do emprendimiento do Triángulo de Emprego continúa o vindeiro martes, 20 de maio, a partir das 10.00 horas, con novos relatorios centrados sen o proceso de internacionalización. Para iso contarase coa presenza de Rafael Simón, de Gainza Partners; Ainhoa Mallo, de Cowalking; Miguel Caamaño, de CCS Avogados e Miguel Fidalgo, do Igape.











