Corte de subministración de enerxía eléctrica en Budiño
O Concello de Porriño informa dun corte de subministración de enerxía eléctrica que se producirá mañá sábado, 17 de maio, en Budiño. O corte será efectivo entre as 07.30 e as 10.00 horas na parroquia de San Salvador de Budiño.
Segundo informa a empresa responsable, Electra Alto Miño, SA., o corte realízase debido a diversos traballos de mantemento e conexión de novas liñas de media tensión.
A entidade pide anticipadamente desculpas a todos o veciños polas molestias ocasionadas, á vez que roga aos usuarios que adopten as medidas precisas para evitar danos en receptores eléctricos por posibles alteracións na reposición da subministración eléctrica. Desta maneira, sinala que a medida eficaz para a protección de devanditos receptores é proceder ao corte do interruptor xeral da instalación para desconectar todas as instalacións interiores durante o tempo que dure a falta programada de subministración. Todas as liñas considéranse en tensión durante o corte.











