Conclúen as obras de pavimentación e renovación de servizos na parroquia de Carreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Antes e despois das obras na parroquia de Carreira

Antes e despois das obras na parroquia de Carreira

O Concello de Riveira informa da finalización das obras de pavimentación e renovación de servizos no lugar de Parte ao Río, na parroquia de Carreira.

Esta actuación comportou un investimento de 206.394,90 euros e foi executada pola empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L..

En virtude do proxecto materializado, substituíuse o deteriorado pavimento por outro novo, empregando formigón HM-20, de vinte centímetros de espesor, intercalándoo con bandas de formigón recto de dimensións 20x15x8 centímetros. Afectou a unha superior aos 9.000 metros cadrados.

Ademais, a antiga tubaxe de abastecemento de auga suplantouse por outra de polietileno de alta densidade, con diámetros de 75 e 90 milímetros segundo os tramos.

Para os saneamentos fecais instalouse un colector de PVC liso de 315 milímetros e para pluviais colectores de PVC corrugado de 315 milímetros, ademais de sumidoiros sifónicos de formigón prefabricado e pozos de rexistro.

A actuación adscribiuse ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

5 de maio de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.