Comezan as obras de mellora de camiños no lugar de Lombas, en Palmeira
O Concello de Riveira informa do inicio dos labores de mellora de camiños no lugar de Lombas, na parroquia de Palmeira: unha acción adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez, S.A, no marco dunha actuación máis global que inclúe tamén outros viais situados no lugar de Bouza, na parroquia de Olveira. O orzamento total é de 49.082,96 euros e o prazo de execución dun mes.
A actuación está incluída no Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014 que, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), está promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
O obxecto fundamental que se persegue con este proxecto reside en pavimentar os citados camiños co fin de permitir a circulación de vehículos en condicións axeitadas dende un punto de vista de seguridade viaria, ademais de reforzar o seu firme.
No que se refire ao lugar de Lombas, distínguense dous tramos de camiño, ambos de terra natural, un con grava (o que facilita o tránsito dos veciños) e o outro formado unicamente por zahorra e terra vexetal.
O primeiro tramo será pavimentado cunha mestura bituminosa en quente tipo D-12 e o segundo con zahorra.