Carmen Domech ofrecerá unha sesión de contacontos na biblioteca municipal de Riveira
Mañá sábado terá lugar unha nova actuación no marco dos Sábados de Libro na Biblioteca Municipal, que promove a concellería de Educación. Nesta ocasión, Carmen Domech ofrecerá o seu espectáculo “Contacontos dos libros contentos”, dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
A actividade terá lugar como sempre ás 12 do mediodía. A entrada é libre e gratuíta.
Os Sábados de Libro na Biblioteca terá continuidade nas vindeiras semanas con novas accións programadas dentro do Xuño da Cultura e as Artes.











